Estación de ferrocarril de Canedo, 1884

restitucion-3D
  • Arquitectura perdida
  • Arquitectura civil
Estación
S. XIX-XX
Descoñecido
1884 - 1952
Barrio de "A Ponte"
Extinguido concello de Canedo (Ourense)
Carlos Paz de Lorenzo (2015)
CIAG
Paco Boluda (Ilustrador e investigador da historia do ferrocarril en Galicia))

CIAG (Centro Infográfico Avanzado de Galicia – Advanced Infographic Center of Galicia)

No ano 1885 a estación de Ourense-Canedo comeza a funcionar a pleno rendemento, coa entrada en servizo da liña cara a Monforte de Lemos. Nos 78 anos da súa vida activa, a súa explotación levouse a cabo por tres compañias: M.Z.O.V. (1884 -1928), a Compañía Nacional do Oeste de España (1928-1941) e R.E.N.F.E. (1941-1952).

A  estación de Canedo contaba con 3 vías de servizo; unha vía era a xeral, outra para estacionamentos e cruces dos trenes, estas dúas dispoñían de anden de servizo, a terceira vía destinábase a estacionamento de vagóns de mercadorías; ademáis contaba cunha pequena ponte xiratoria e un cocherón de dúas vías.

En 1917, procédese á reforma e ampliación da estación, medrando lonxitudinalmente, dando espazo a novas dependencias, servizos e instalacións

No ano 1952, a antiga estación de Canedo deixaría de prestar servizo e en poucos meses sería desmantelada. Parte das  portas e ventás de pedra e algunhas carpinterías orixinais foron aproveitadas para a construcción de varios edificios dos anos 60 situados na avenida de Santiago.

Fontes: (AMOu; Asociación Cultural “Carrileiros-Foula” de Ourense)

Ir o contido